domingo, 23 de marzo de 2014

Nuestro más sentido pésame a la familia.
Gracias por todo el servicio prestado a España y a las generaciones de españoles que gracias  a su trabajo disfrutamos de una democracia plena.

domingo, 2 de marzo de 2014

Atletismo

Os rapaces do clube de Atletismo No campionato de España.
A disfrutar que merecido o tendes.

sábado, 1 de marzo de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

Convenio

El Ayuntamiento y el IES Xulián Magariños han renovado su convenio de colaboración de vigencia bianual por el que el Ayuntamiento podrá utilizar las instalaciones del centro educativo para sus escuelas deportivas, así como otras dependencias, fuera del horario lectivo.
A cambio, el Ayuntamiento se compromete a mantener las zonas ajardinadas del recinto escolar.
El acuerdo firmado por el alcalde, Juan Rey, y el director, Adelino Pose, recoge que el IES podrá hacer uso de la Casa da Cultura o el Centro Sociocultural previa solicitud para actividades extraescolares o complementarias, además de una aportación de doscientos euros al premio científico, y otra de cien para la revista anual Val de Barcala.

martes, 18 de febrero de 2014

Campionato Galego en Negreira

Negreira e o clube de Atletismo pasaron con nota a celebración do campionato Galego de Campo a través.

sábado, 13 de abril de 2013

AS COUSAS CLARAS


Dende o goberno Municipal non podemos menos que aclararlle  ao partido da OPOSICIÓN que a unidade dos membros do goberno é indiscutiblemente certa é non consideramos un pecado ter opinións propias, cousa que parece sorprenderlles ¿ por qué será?

 Cimentan a  súa oposición en algo tan útil para os veciños como sacar panfletos "humoristicos”, mentindo e facendo SUPOSICIONS absurdas sobre a pouca unidade dos concellais. Moi mal non o faremos cando recorren a estas burdas manipulacións para tentar desacreditarnos.

Un ex-alcalde (Sr, Jorge Tuñas) que traizoou ao seu cabeza de lista para ocupar o sillón pretende vir a dar leccións de moral e compañeirismo.

Un ex-alcalde que firmou unha carta dando nome e apelidos dos empregados que se tiñan que despedir  pretende dar leccións de relacións laborais.

Un ex-alcalde irresponsable, que derrochou os cartos dos veciños, non se preocupou de pagar o que gastaba,  con nula capacidade de xestión e gran capacidade de despilfarro, pretende dar leccións de como xestionar un municipio.

Un ex-alcalde que sigue o ditado doutro ex-alcalde pretende dar leccións de como se debe conducir os membros dun goberno municipal.

Un ex-alcalde que non recorda o que firmou cando gobernaba e logo se lanza a criticar ao goberno cando cumpre eses acordos ¡Que bochorno!

Nos somos un goberno municipal que en menos de dous anos puxo o polígono industrial a funcionar e que ademais conseguiu que unha multinacional líder  en loxística sanitaria, se instalase nel, o que atraerá a mais empresas ao noso municipio.

Somos un goberno que rematou unha piscina climatizada sen que nos tivésemos que endebedar para facelo, gracias a súa boa xestión. Piscina, moito mais eficiente enerxéticamente que a proxectada polo anterior goberno e polo tanto mais doada de manter.

Un goberno que conseguiu que a Xunta financie unha nova depuradora que  se comezará a construír xa.

Un goberno que paga aos provedores . Este non é un logro se non unha obriga. Outros non o sabían.

Un goberno que se esforza en promocionar a cultura con actividades coma: concursos literarios, de pintura,teatro, danza, baile moderno,música, actuacións mensuais de bandas,apoiando as  asociacións,talleres...etc...

Un goberno que se esforza en promocionar o deporte con iniciativas coma: gala do deporte, apoio a clubes e a deportistas individuais creación de  novos clubes,organización de ligas,andainas, mellora das instalacións deportivas e construción de novas.

Un Goberno que seguira construíndo apesares das circunstancias: nova praza en Teresa Fabeiro ou o novo tramo do paseo (en terreos cedidos por Xestur) e que estará rematado cara o verán.

Un goberno que adquire nova maquinaria apesares da crise. O concello ten dende q chegamos: un novo camión de recollida do lixo, un novo tractor, un dumper de obra, un camión con grúa e tamén un minitractor para zoas como o paseo fluvial (estes dous compartidos con A Baña,Val do Dubra e Santa Comba)

Un goberno que amplía as actividades e servizos sociais con novas prestacións, mellora e aumenta o reparto de alimentos as familias necesitadas e que colabora con todas aquelas asociacións e persoas  con afán de axudar aos mais desfavorecidos.

Un goberno que puxo en marcha o transporte Metropolitano xunto coa tarxeta social para axudar os colectivos que economicamente o poidan necesitar e  que este mes entrará en vigor.


Un goberno que reduce gastos, que aproba os presupostos a principios de ano e non a finais, que presenta as contas en tempo e forma  e que mellora o prazo de pago aos provedores.

Un goberno que promociona o comercio: mellorando a feira do románico,organizando a ruta das tapas, publicitando en prensa, en fútbol,organizando desfiles de moda de firmas locais,publicando folletos publicitarios ou sendo sitio de paso de"LA VUELTA A ESPAÑA " por segundo ano consecutivo.

Un goberno que esta semana santa tivo a un dos seus representantes en Kiev nunha reunión de representantes europeos de países coma Turquía,Moldavia,Polonia,Italia ou a propia Ucrania entre outros, onde se facilitou material publicitario do noso concello e  se promocionou o camiño de Fisterra ao paso polo noso municipio.

Un Goberno que inscribirá ao concello como Entidade acreditada para recibir voluntarios europeos. Estes, ademais de coñecer o concello e colaborar con nos, exercerán de embaixadores das bondades do noso municipio. Faremos intercambios xuvenís con outros países europeos para que os nosos xoves poidan disfrutar dunha experiencia vital tan enriquecedora coma esta.

Por outra banda, son penosos os comentarios  feitos por unha agrupación que pretende dar leccións de como se a de gobernar ou publicitar un concello, cando non ten nin un concelleiro. Ataca a labor do concelleiro de comercio, que ademais é un comerciante recoñecido no seu ramo, outros non. Pretende popularidade dicindo o que temos que facer  e a que concellos nos temos que arrimar para facer o noso traballo.

Todo isto porque un día leu no xornal unha noticia sobre a asociación de varios municipios para promocionarse turisticamente. Non sabe en que consiste nin o por qué desa unión, pero sen moverse do seu ordenador orquesta unha campaña de acoso e derribo a un concelleiro utilizando o insulto e a descalificación que é a arma preferida dos que carecen de razón e argumentos.

Negreira,A Baña,Santa Comba e Val do Dubra decidiron dar solución de forma conxunta o problema dos cans abandoados. Neste acordo hai 4 concellos, os que non están terán que organizarse ou xa estarán organizados pero que non formen parte deste acordo a ninguén lle chama a atención como e lóxico.
A súa maneira de facer política é ler o periódico e pedirlle ao goberno de turno que faga o mesmo que outros, non propoñen actuacións concretas para problemas concretos. Para iso necesítase cretividade e ser resolutivo. Copiar e criticar é moito mais fácil.

Este goberno seguirá traballando para prestar os mellores servizos que poidamos sendo conscientes de que podemos equivocarnos pero sempre daremos o mellor de nos mesmos. Firmaremos comunicados coma este expoñendo e defendendo o traballo realizado e non cartas ofensivas como fai un, ou ultimatúns a alcaldes elixidos democraticamente como fixeron outros.





GOBERNO MUNICIPAL